Cheque Asistencial: Cheque Residencia
- Descripción:
- O cheque asistencial é un programa destinado a axudar económicamente a aquelas persoas maiores que, debido a unha situación de severa ou gran dependencia, precisan doutra persoa para desenvolverse na vida cotiá e teñen gastos extraordinarios derivados da súa atención e coidado. O Cheque de Residencia comprende as axudas individuais destinadas a cubrir os custos de estancias permanentes en centros asistenciais incluidos no programa.
- Observaciones:
- Ayudas sólo válidas en el ayuntamiento de Vigo
- Requisitos:
- - Ser maior de 65 anos. - Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos de Galicia alomenos durante o ano completo inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Non se esixirá este requisito os cidadáns españois residentes no extranxeiro que tiveran a súa última veciñanza administrativa en Galicia se as anteditas persoas fixasen a súa residencia en Galicia. - Padecer unha situación de dependencia física e/ou psíquica que lle faga precisar de axuda doutra persoa para realizar as actividades esenciais da vida diaria. - Non ser ou non ter sido residente en calquera residencia pública ou privada da terceira idade no periodo dun ano completo e inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Pódense excepcionar dos requisitos deste punto os supostos nos que, salvadas as obrigas legais pertinentes, variasen as circunstancias económicas que posibilitaron o acceso ó servizo ou ingreso na residencia. En todo caso, a acreditación das devanditas variacións reflictirase expresamente no informe social.
Búsquedas relacionadas con Ahorro para mayores
Resultados similares a Cheque Asistencial: Cheque Residencia
Búsquedas relacionadas con Ahorro para mayores